A xestión de dereitos dixitais (Digital Rights Management, DRM) é un termo moi amplo para designar á tecnoloxía que controla como e cando se poden usar certos contidos dixitais, como os teus xogos, a música, os vídeos ou os libros.
Hoxe en día, unha gran parte do software que usa DRM pode enviar certa información persoal túa a un servidor en Internet, verificar se "tocaches" calquera ficheiro ou quitarte o dereito de acceder ao contido se non te rexistraches nun determinado lugar.
Noutras palabras, a DRM controla o que fas co contido en todo momento.
Porque pode haber un interruptor dentro. Seguramente a DRM non che afectará neste momento, pero as grandes compañías teñen a chave e só che permitirán usar o contido sempre que poidas demostrar en todo momento que es o propietario. En moitos casos, soamente se está conectado a Internet. E mentres a DRM funciona ben. E mentres as súas empresas seguen a dar beneficios.
Entón, por que tes que estar todo o tempo a demostrar que o que adquiriches é teu? Confías en alguén que non confía en ti?
SEN DRM | DRM | |
---|---|---|
Perdes o acceso ao contido, tal e como éOs controis en liña para verificar a propiedade do contido poden fallar e, de feito, fano. Servidores apagados, problemas técnicos e empresas que pechan e desaparecen... Estas son cousas que suceden todos os días. |
||
Podes facer unha copia de seguridade, copiar e usar en calquera parteNinguén debería ter nada que dicir sobre como almacenar e acceder ás túas cousas. Compráchelo ti, é teu. |
||
Tes acceso sen Internet.Non dependes da túa conexión a Internet. |
||
Mantén os teus dereitos como consumidorNon cedes os teus dereitos a empresas que non confían en ti. Algúns tipos de relación están baseados na confianza; outros, no control e na sospeita continua. |
||
Apoia a preservación do contido dixitalAo elixir as fontes ou as tendas correctas, sabes que o contido que está a mercar sempre será teu, sen importar cando se creou ou para que dispositivo. |
Libros: | LektuProjecto GutenbergOpenLibra |
Música: | Bandcamp7Digitalemusic |
Xogos: | GOG.com |
Vídeos: | Moving Image ArchiveVimeo on Demand |
FCK DRM é unha iniciativa de GOG.COM para promover contido libre de DRM, que Lektu.com copiou e traduciu para impulsar a mensaxe a máis persoas. Se tes un sitio ou unha tenda 100% sen DRM e queres que apareza aquí, escríbenos a contacto@lektu.com.